Avelino González en Meis con Contos de ourora para xente de agora

O mundo tradicional e o actual en contos con lendas de mouras e lugares máxicos do noso Concello.

O mundo tradicional e o actual en contos con lendas de mouras e lugares máxicos do noso Concello.

O pasado 24 de octubro, levouse a cabo na Biblioteca Municipal de Dodro un obradoiro de caligrafía chinesa “Os catro tesouros” no que Miguel Cortés explicou de forma amena: a historia desta técnica, a súa práctica e os materiais que se empregan nela. Unha vez que aprenderon a posición correcta para coller o pincel, os participantes escribiron algúns caracteres sinxelos co pincel e tinta chinesa.
Tanto aos nenos/as como aos maiores disfrutaron moitísimo descubrir a beleza da escritura chinesa


As celebracións do Día da biblioteca sacaron o noso servizo á rúa o sábado 19 de outubro. Instalámonos na veciña Praza de Galicia cunha carpa que acolleu diferentes actividades durante toda a xornada.
Os nenos e nenas puideron gozar do espectáculo “Estrafalaria”, de Atenea García, unha sesión de contacontos da que tamén disfrutaron moito as súas familias.


Xoán Curiel estivo en Narón o pasado venres 18 de outubro para celebrar con nós o Día da biblioteca.
Aínda que a súa actuación estaba prevista na Biblioteca Central, as obras de acondicionamento do local obrigáronnos a trasladar a actividade á Axencia de lectura municipal da Gándara. Este espazo máis íntimo, dentro dun dos barrios máis poboados do noso concello, acolleu o concerto de Curiel, un espectáculo no que pon música á obra de mulleres poetas facendo un percorrido pola historia da poesía.


O contacontos Caxoto deulle un repaso, en ton humorístico, e traendo a conto as lendas artúricas, a eses estereotipos machistas que aínda invaden a nosa vida cotiá e nos que, por estar tan instalados, apenas reparamos.
O sábado 18 tivemos tarde de maxia na biblioteca. O Mago Teto presentou o espectáculo “4500 anos da incrible historia da maxia” na que fixo un repaso pola arte da maxia nos asistentes. As fantásticas e sorprendentes historias da maxia, foron acompañadas,ás veces coa realización de xogos de maxia, e noutras ocasións coa explicación dalgún xogo, xogos baseados en segredos físicos e matemáticos, pois o fin e ao cabo, a maxia sempre estivo da man co coñecemento. Dende Exipto ó século XX, dos trucos con cubiletes á lanterna máxica….





O venres 18 realizouse un programa de radio, en directo, desde a Biblioteca.
“Radio Bulebule transmitindo para o mundo en linguaxe universal”!
Axenda cultural, música, moda, coa información das últimas tendencias… E música, moita música co extraordinario Paco Nogueiras. Pelos, melena, melena, pelos!.
Non faltaron as chamadas dos ouvintes que pedían cancións… Movendo a perna, movendo o pé!…
Tamén houbo un oco para a ciencia, coa canción correspondente.
E como non, o concurso de Radio Bulebule, cunha gañadora entre o público.
Ademais, a sección de deportes, o tempo.
Unha tarde xenial!!!




Miguel Cortés achegounos o mércores á tarde á cultura e á escritura chinesa.
Un grupo de adultos pertencentes aos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais de Cambre participaron neste orixinal obradoiro.
Dunha maneira moi amena e didáctica foinos adentrando nos catro tesouros que compoñen o proceso de escritura chinesa: o pincel, a tinta, o papel e o morteiro para desfacer a tinta.
A caligrafía chinesa ten diferentes niveis. Neste obradoiro Miguel Cortés móstrounos a máis sinxela, facendo un percorrido polos diferentes trazos, a orde destes trazos, o carácter conceptual da escritura, que máis que escribir é debuxar…
O primeiro caligrama que debuxamos foi o correspondente a “persoa”, e así avanzando paulatinamente de menos a máis, ata chegar ao caligrama “China”.
Rematouse o obradoiro participando dunha tertulia moi interesante, resaltando peculiaridades da sociedade china moi sorprendentes para un occidental.



Día 11 de outubro de 2019 ás 18:00, na biblioteca de Escairón
Temos a sexta actividade do ciclo de actividades sobre igualdade na biblioteca con…
con Fátima Fernández
o 11 de outubro, ás 18:00 na sala infantil
Nesta actividade coñeceremos historias recollidas da nosa tradición oral e escrita, baseados en mulleres que protagonizaron a nosa historia cotiá e marcaron o noso futuro.
Fátima Fernández embelesounos con varias historias, con rima e con música.
Coma sempre, unha sesión moi amena. 


Séguenos