24/10/2024
Día 24 de outubro de 2024 ás 11:00, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Contacontos sensorial
da man de Eduvía (Vías para a Educación)
o 24 de outubro, ás 10:30 na biblioteca
Reunímonos pais, nais, avoas, profesoras e bebés na sala infantil da biblioteca ó redor de Patricia, que co seu Contacontos sensorial nos achegou ás sensacións que sons, olores e tacto provocan en nós e en contacto cos nosos bebés.

Primeiro xogamos co tacto e o son da nosa voz, que son os que máis recoñece polo de agora.

Despois xogamos co tacto e as texturas.

Ó final foi o sentido do olfacto co que xogamos, deixando polo de agora o do gusto para evitar problemas con alerxias e intolerancias, pero levamos para a casa a idea de xogar cos sabores frescos e co xeo cando chegue a época de calor.
Rematamos cunha canción e bailando. En fin, unha auténtica viaxe cos sentidos!
Levamos un fermoso recordo das sensacións que nos produciu, ademais dun pedazo da sesión: unha flor de papel, un carozo e uns grans de millo, unha pluma, un talo de menta para ulir,…
Ademais coñecemos os materiais para bebés que temos na biblioteca, e que se poden consultar no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia [consulta aquí os libros da Bebeteca].
Séguenos