O gran xogo das Letras Galegas chega á ALM de Corvillón
O pasado martes 16 de maio, Eduvia Educación achegouse ata a ALM de Corvillón para xogar cos nenos e nenas ao Gran Xogo das Letras Galegas… pasaron unha divertida tarde e de paso coñeceron un pouco máis das obras e autores máis destacados da nosa literatura, facendo fincapé por suposto na figura do homenaxeado este ano, Carlos Casares.

















Co gallo da celebración do día das Letras Galegas 2.017, a Biblioteca Municipal do Concello de Lourenzá , Juana Ibarbourou , rendiu unha homenaxe a Carlos Casares, cun espectáculo dirixido ao público infantil titulado ” Carlos Casares, con maxia e música ” que fixo as delicias dos asistentes.


Séguenos