Hoxe en día os podcasts están na picota. E na biblioteca preparámonos preparámoste para estar á última: imos facer un podcast! Aprendemos a escribir e guionizar, a interpretar, a locutar e a editar un podcast!
E despois só hai que subilo á nube…
Aprende a facer un podcast!
da man de Damián Alonso de Solovoz
o 5 de xullo, ás 12:00 na sala infantil
tivemos este obradoiro totalmente práctico, no que en apenas 2 horas aprendemos a:
- Escribir e guionizar o noso podcast!
- Locutar e interpretar o noso podcast!
- Gravar e editar o noso podcast con Audacity!
O primeiro foi descobrir que é un podcast e como naceron.
Despois vimos a importancia de vocalizar, a necesidade dunha correcta respiración e como proxectar ben a voz.
Logo de facer varias prácticas de narración de diferentes tipos de textos, pasamos á parte práctica máis divertida: gravarnos e editar o noso podcast!
Sorprendente como pode cambiar o que dixemos e como o dixemos unha vez editado:
podemos parecer máis xoves, falar máis rápido, facer coma se estiveramos nunha cova,… os efectos que lle podemos poñer á nosa voz son alucinantes. En canto poidamos, subiremos o resultado do noso obradoiro.


O noso alucinante profe, Damián Alonso, conta con experiencia como actor de dobraxe (en documentais como Amish Mafia ou American Chopper, ou na serie Turbo Fast, dándolle voz a Tito, o vendedor de tacos), actor de teatro e formador. Guionista e creador de “cachosdesqueches” e voz de Click Clack en Dinotrux entre outras. Máis de 150 obradoiros e cursos impartidos por toda Galicia no que o punto de encontro é a voz. Obradoiros de radio, podcast, falar en público, comunicación e lectura interpretadada e teatro.
Séguenos