Un saco de contos nas bibliotecas de Cambre
A biblioteca municipal Xabier P. Docampo de A Barcala (Cambre) viviu o pasado venres unha estupenda tarde de contos con Ángeles Goás.

A biblioteca municipal Xabier P. Docampo de A Barcala (Cambre) viviu o pasado venres unha estupenda tarde de contos con Ángeles Goás.

O venres 22 coñecimos a verdadeira historia de Hamelin. Unha reinterpretación do conto clásico mesturando narración oral, clown, malabares… Unha oportunidade para coñecer os contos dende ouro puntos de vista
O xoves 21 de setembro a rapazada que se achegou á biblioteca de Bertamiráns puido gozar dun ratiño de Lonxetodo que visitou a nosa biblioteca cunha maleta cargada de contos e música dos que desfrutamos un montón!

O pasado mércores 20 de setembro puidemos gozar dos contos dun dos ratiños de Lonxetodo na biblioteca do Milladoiro. Unha marabillosa tarde de narración para comezar este novo curso!!

Onte á tarde, en Cambre, as familias gozaron da maxia das historias ilustradas na Biblioteca Central María Pita. A actividade consistiu nun contacontos con debuxo en directo.
O martes, 19 de setembro, tivemos o pracer de recibir a visita de Raquel e Borja que nos mostraron o que se pode facer cun quilo de fariña, unha presada de sal e un chorro de pintura.
Despois de desfrutar coa narración do conto “Maruxa” as nenas e os nenos de Oleiros elaboraron, con masa de pan, un cadro cos protagonistas da historia e mesmo crearon novas escenas cheas de cor.
Pasamos unha tarde verdadeiramente divertida e creativa e reflexionamos sobre o reparto de tarefas no fogar.

O día 15 de setembro recibimos a visita de Emilia, unha gata moi curiosa que está farta de facer sempre o mesmo. Decide emprender unha viaxe en autobús acompañada de todos os nenos e nenas presentes e os vai transportando por diferentes cidades e aventuras creadas conxuntamente. Espectáculo dinámico, interáctivo e moi divertido con música, baile…



Moitas grazas a Raquel pola contada que nos fixo na Biblioteca Pública de Poio.
Ata pronto!
Na tardiña do sábado 16 investigamos da man de Andrea que foi da aviadora Amelia Earhart, unha das mulleres pioneiras nesta disciplina.
Nunha actividade moi divertida, as crianzas betanceiras divagaron sobre o seu paradeiro, construiron avións para emular as súas fazañas e recrearon finais alternativos á biografía dunha das mulleres máis valerosas da historia.

O venres 15 de setembro visitounos Caxoto para contarnos a historia do que pasou na granxa de Xan cando o galo non cantou e Xan quedou durmido e non se levantou para dar de comer ós animais. Divertida historia na que combina música, narración e títeres implicando ao público de todas as idades.



Séguenos