En Allariz celebramos o Día das Letras Galegas con Xoán Curiel !
Este ano comezamos o programa Ler conta moito celebrando o Día das Letras Galegas con un magnifico concerto de Xoán Curiel, un gran profesional que nos animou e nos fixo participar nun montón de cancións onde conmemoramos unha chea de autores homenaxeados nos últimos anos nas Letras Galegas. Desfrutamos moitísimo! E Xoán tivo o detalle de agasallar ós nenos con un libro!
Moitas grazas pola túa visita Xoán!










Os cativos de Culleredo conmemoraron o Ano Picasso cunha divertida e maravillosa actividade. Foi na Biblioteca Municipal, sita no lugar de O Burgo, o día 11 de maio. Despois de percorrer a infancia na Coruña do artista, e tamén coñecer as diferentes etapas da súa pintura, fixeron figuras de cartolina de estilo cubista, e foi xenial! 








Séguenos