Espectáculo de maxia co Mago Rafa “AbracaLibro” na biblioteca de Dorneda
Onte, 29 de setembro, tivo lugar, na Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda, un espectáculo de maxia, dentro de Ler conta moito, do Mago Rafa chamado “AbracaLibro”, para nenos e nenas a partir de 5 anos, acompañados dos seus pais. O Mago Rafa deleitóunos con varios trucos de maxia, entre eles, trucos con cartas de póker, trucos cunha bolsa de plástico e un ovo ou trucos con números mais unha calculadora facendo operacións imposibles. Pequenos e maiores quedaron abraiados con ganas de ver máis sorpresas e descubrir o maravilloso mundo da maxia. Apto para tódolos públicos.





















Séguenos