Mega Obradoiro de Globoflexia 2.0 Maxia na Biblioteca Central de Cangas
O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas co divertidísimo Mega Obradoiro de Globoflexia 2.0 Maxia. Desfrutamos moito e quedámonos con ganas de máis.

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas co divertidísimo Mega Obradoiro de Globoflexia 2.0 Maxia. Desfrutamos moito e quedámonos con ganas de máis.

Día 24 de outubro de 2025 ás 20:00, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Lettering co Cancioneiro Popular Galego
da man de Velaísca
o 24 de outubro, ás 20:00
Despois de viaxar pola galaxia, relaxámonos na nosa terriña galega, e despois de facer un rato de caligrafía de lettering para acostumarnos a facer os trazos, escollemos un verso que nos chamara a atención dos moitos que nos ofrece o cancioneiro tradicional galego.

Fixemos auténticas preciosidades, e rimos con algúns dos inesperados versos. Tamén sabemos que temos moitos cancioneiros tradicionais galegos na biblioteca.
Día 24 de outubro de 2025 ás 16:00, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Debuxando un conto
da man de Estefanía Padullés
o 23 de outubro, ás 11:00 na biblioteca
Con rapazada de 6 a 12 anos, logo dunha breve presentación sobre que partes conforman un libro, vendo uns exemplos do traballo de Estefanía, puxémonos mans á obra.
Seguindo as directrices da autora, soubemos que é unha portada, cantas partes compoñen unha historia e establecemos que iamos escoller unha personaxe á que lle vai pasar algo e decidimos como vai rematar a nosa historia.
Unha vez planificada a nosa historia, sabendo que ía estar composta por 5 páxinas, decidimos que ía pasar en cada unha delas e como iamos representalo.
Con 5 folios en branco, unha cartolina, un lapis e cores, creamos incribles historias.
Tanta era a emoción, e a ilusión de que se traballabamos ben, o noso traballo ía quedar na biblioteca, formando parte do catálogo de obras, que nos esforzamos ó máximo e saíron unhas historias fermosísimas.

Ademais coñecemos en que sección da biblioteca vai estar e por que. Tamén soubemos como se vai identificar e por que. Poderemos atopalo en breve no catálogo da biblioteca onde tamén temos os libros de Estefanía Padullés.

As rapazas e rapaces de Laxe desfrutaron dunha sesión de contacontos manipulativo onde observaron os distintos materiais para elaborar un libro, viron os libros máis raros da historia e aprenderon a facer coas súas mans un minilibro.
O sábado 25, en Ames seguimos coas actividades do “Día da biblioteca”, e desta volta foi na biblioteca de Bertamiráns onde a rapazada tivo o gusto de diseñaren as súas mochilas utilizando distintas teas, cores e texturas, cun resultado fantástico.
O pasado venres 24, na biblioteca do Milladoiro celebramos o “Día da biblioteca”, cun obradoiro no que os cativos poideron deixar voar a súa imaxinación para deseñar unhas mochilas chulísimas, empregando distintos tecidos e técnicas, o resultado foi magnífico.
O pasado sábado celebramos o Día das Bibliotecas cun obradoiro moi especial.
Despois de escoitar un conto cheo de maxia e fantasía, os nenos e nenas deron renda solta á súa imaxinación creando ovos con formas sorprendentes.
Foi unha mañá chea de creatividade, risas e moita ilusión.   
 

O venres 24, a rapazada de Cambre fixo un grandísimo esforzo para atrapar a Negra Sombra. Sairon felices e pedindo máis. E quen sabe se pensando en facerse detectives!
 
 

O día 15 de outubro tivemos este interesante obradoino, no que cada participante creou un monicreque de culler partindo do seu personaxe de ficción preferido, o que deu como resultado un marabilloso grupo de figuras divertidas e orixinais.
Onte día 14 de outubro, visitou a Biblioteca do Froxel “Fco. A. Vidal” de Arteixo, BETTY QUEIRO coa súa proposta de atopar o teu camiño. Unha actividade baseada nun conto “podes atopar ou teu camiño” dun grupo de estudantes que atopan seu camiño a través de ideas valiosas grazas a súa curiosidade e creatividade naturais, e aprendendo inglés e galego nunha actividade musical moi divertida e interactiva coa rapazada.
Ao final da actividade os nenos e nenas, todos xuntos, realizaron un debuxo con moito colorido e imaxinación.




Séguenos