Obradoiro de deseño de bolsas/mochilas de lectura, na ALM Xosé Neira Vilas de Touro
Onte 10 de outubro, o Faiado de Nin fixo as ledicias dos/as cativos/as de Touro coa creación de divertidas e vistosas bolsas de lectura.



Onte 10 de outubro, o Faiado de Nin fixo as ledicias dos/as cativos/as de Touro coa creación de divertidas e vistosas bolsas de lectura.




Antón e Tomasa contaron un conto e despois fixeron brochetas de froitas recubertas de chocolate fondue cos asistentes ó obradoiro

En outubro tampouco faltou a sesión de contacontos do venres 5 de outubro ás 5 da tarde.
¿Algúen estivo algunha vez nun restaurante?
De ser así, desta vez será diferente.
Os nenos/as que asistan ao obradoiro,
terán a oportunidade de adentrarse
nun restaurante moi especial,
no que a imaxinación e os libros
serán os ingredientes principais
dos pratos a degustar.
Esta actividade, recomedada de 5 a 8 anos e público familiar e acompañante.
Estamos preparándonos para o Día das Bibliotecas coa sesión de Ler conta moito:
da man de Andamiaxe
Chegamos á Biblio-Restaurante e atopamos xa a mesa posta.
Posto o mantel, e sentados á mesa, tocou decoralo ó gusto porque estaba un pouco “soso”. De primeiro prato, tivemos un conto delicioso cada participante.
Gustounos moito lelo e escoller a nosa personaxe favorita.
De segundo, decoramos o noso pano coa nosa personaxe favorita. Logo dobramos o pano, e seguindo as indicacións, numeramos cada esquina. 
Baixo cada unha delas tocou ir: pegando 2 palabras/frases escollidas ó chou, escribir un nome para a nosa personaxe (non a do conto, senon a que debuxamos), poñer o que facía e finalmente o que lle pasaba.
Saíunos un conto fantástico! Cada un, orixinal e diferente.
Para rematar, a nosa “camareira” contounos o que se lle ocorrera a ela:
Os animais da selva queren abrir unha escola e escollen o que hai que aprender nela. Finalmente deciden que non foi boa idea obrigar a todos a aprender todo porque todos somos diferentes e temos diferentes habilidades.

Finalmente, como viñemos sen carteira para pagar a consumición, tivemos que pagar con tarxeta indicando cal era o noso libro favorito…
Pasámolo lambonamente ben!
O mércores día 3 de outubro tivo lugar na biblioteca municipal do concello de Meis, a actividade de “Un banquete con moito conto” da compañia “Andamiaxe”.
Os asistentes gozaron deste taller crativo, e tiveron a oportunidade de adentrarse nun restaurante moi especial donde a imaxinación e os libros foron os ingredientes principais dos pratos que degustaron.

O martes 2 de outubro tivemos a primeira das actividades que a Biblioteca de Portonovo ofrecerá aos seus usuarios dentro do programa Ler Conta Moito para celebrar o mes das Bibliotecas, e que levaba por título “Mª Victoria Moreno, unha historia de amor”.
Foi unha sesión moi divertida e amena, xa que ademais de coñecer un pouco máis sobre a vida de Mª Victoria Moreno (homenaxeada nas Letras Galegas este ano 2018), puidemos aprender a facer unha caricatura da autora, e todos pequenos e grandes conseguímolo ![]()
Daquela os máis pequenos colorearon os debuxos que Carlos fixera durante a sesión. E para que vexades o artistas que son, deixámosvos as fotos.


Por suposto dar as grazas a Pin e Mau por compartir esa tarde connosco.
O martes 2 de outubro, “Patri”, encheu a Biblioteca de O Froxel con emocións, compartindo alegría, tristeza, rabia e simpatía, facendo que os nenos reflexionen sobre o seu significado, así como a mellor forma de xestionalos.
Contou a historia de “O monstro de cores” e os nenos pintaron as cousas que lle fan sentir emocións intensas, facendo que sexa unha experiencia moi positiva.




Manuel Pombal e Suso, grandes profesionais do mundo da escena, comezan dramatizando todos os pasos da elaboración dunha película, de forma amena e divertida ata introducirnos no mundo da dobraxe e converter a biblioteca nun verdadeiro estudio.
Van mostrando a través de imaxes a importancia do son nun filme, dos diálogos e, como non, dos diálogos no propio idioma, que os poidamos entender.
Visualizamos escenas noutros idiomas, ou sen son,… ata que aparecen dobradas ao galego.
Tamén representan escenas en vivo que logo aparecen gravadas en imaxes…
Ao longo do obradoiro os propios participantes van gravando, dobrando ao galego, por grupos de tres, os diálogos escritos e divididos en “Takes”, as distintas “tomas” dun filme.
A actividade desenvolveuse con dous grupos de idade:
Un primeiro grupo para nenas e nenos entre 8 e 11 anos e un segundo grupo para xoves entre 12 e 16 anos.
Para o grupo de menor idade, foi a dobraxe dun trailer da serie de debuxos animados, Bob esponxa.
Para o grupo de maiores, un trailer da película Crepúsculo.
Actividade que resulta moi atractiva para os participantes ao tratarse dun obradoiro participativo e pouco frecuente.
Altamente recomendable para realizar na biblioteca.

Co espectáculo de Teatro Calavera, nenos e nenas desfrutaron coas aventuras do cociñeiro Antón e da pasteleira Tomasa, ademais, cociñaron cos personaxes do conto, decorando magdalenas coa pasta de azucre, nun obradoiro que fixeron ao final da obra.



O mércores 26 de setembro tivemos unha tarde máxica na Biblioteca Central de Cambre. Visitounos o Mago Pedro Bugarín que ademais de realizarnos xogos de maxia, ensinounos algúns trucos moi sorprendentes…
Trucos sinxelos a partir de obxectos cotiás como gomas elásticas ou palillos, xogos de mans… que despois os nenos e nenas poden compartir con outros neos e nenas.
Pedro Bugarín comeza demostrándonos as súas extraordinarias habilidades con algún truco realmente sorprendente que demostra gran profesionalidade.
Cartas asinadas polo público e que logo se trasladan e saen moi dobradiñas da súa boca…ou outras ben escondidas e baralladas aparecen cando o Mago quere…Cordas que despois de cortalas aparecen enteiras,.. Follas de libreta que só se lle cortan a el e ninguén dos asistentes é quen de rompelas, como se forna de plástico…
Actividade moi recomendable para pasalo ben no momento e despois, e para visibilizar e dinamizar os libros de maxia da biblioteca.

Teatro Calavera da Asociación Teatral Solaz Moraima estivo o día 26 de setembro na nosa Biblioteca. O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa descobren nun libro a receita para facer o mellor chocolate, iso leva á pasteleira a viaxar ata unha afastada illa, vai remando nunha barca que lle presta Calavera, o pirata. Unha vez que consegue o cacao, fai un chocolate exquisito co que as crianzas envolverán froitas que degustarán nos seus fogares.
A duración foi de 70 minutos.



Séguenos