Música, teatro e danza na Ludoteca Municipal de Carballo

Arredor de vinte bebés acudiron esta tarde á Ludoteca municipal de Carballo, onde gozaron dunha verdadeira animación á lectura con gran parte da nosa tradición oral e literaria. Música en directo, contos, poemas, xogos de mans e corpo conseguiron axudarnos para que @s nos@s cativ@s coman moi ben.
Cris de Caldas engaiolounos a tod@s con esta actividade de dinamización á lectura, incluída no programa “Ler conta moito”, o cal ofrece ás bibliotecas públicas galegas un conxunto de actividades para achegar a cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente.
















Séguenos