A contadora Carmen Domech asistiu a biblioteca de Cariño coa actividade “Contacontos de libros contentos”. A actividade tivo lugar o día 26 de abril as 11.00h no auditorio da Casa da Cultura, na planta baixa da biblioteca. Asistiron 80 nenos de educación infantil e primaria do colexio de Cariño, acompañados polos seus profesores. Os nenos divirtéronse e participaron activamente da actividade.
A Bliblioteca Municipal de Vila de Cruces acollía o 23 de maio de 18 a 19,15 h. a Crearte Servizos Culturais co obradoiro Arte nos libros! con Leonardo da Vinci unha actividade educativa e lúdica.
A través dun power point os nenos puideron coñecer o interesante mundo de Leonardo, intercalando as explicacións con actividades nas que participaron moi activamente.
O día 30 de xuño os contos cobraron vida en Cordeiro, saían dunha maleta…dun sombreiro…cheos de maxia e creando ilusións entre os mais cativos, grazas a Asociación Cultural Os Carballiños.
Luis Solla, chegou á nosa Biblioteca acompañado da súa amiga Pelusa, e dun conto moi chulo, Princesa labios de fresa, que a través dun teatro express varios cativos representaron guiados polo propio Luis Solla. Os participantes pasaron unha hora moi divertida e dinámica na que non puido faltar unha sesión de maxia que deixou a todos coa boca aberta ao descubrir que podían debuxar e colorear so coa mente.

Día 28 de xuño de 2013, ás 17:00, na biblioteca de Escairón

Manuel Solla, de Expresión Produccións, cos seus Contos para todos pertencente ó programa Ler conta moito. Despois de atopar a súa maleta máxica perdida, foi sacando dela un feixe de personaxes impresionantes, o que máis sorprendeu ó público foi o seu “Libro Máxico” da Princesa de labios de fresa do que ían xurdindo personaxes que non esperabamos e que cada vez nos sorprendían máis: unha malvada bruxa, unha ra, un dragón, e por fin un príncipe.
A súa perezosa mascota Pelusa axudoulle na súa actuación, que consistiu nun espectáculo de títeres, contacontos, maxia, animación, clown e música en directo.

Quedamos para volver xogar coas personaxes dos Contos vivos que nos traia Manuel en setembro.
Gustounos xogar e tocar a Pelusa, a mascota axudante de contacontos e experta buscadora de maletas.
Rematamos así as sesións de contacontos de último venres de mes ás 5 da tarde, pois ó longo do verán os contacontos terán lugar ás 12 do mediodía e a partir de setembro cambiarán de día.
Actividade moi educativa e entreteñida para os nenos,amena e moi productiva.

O 9 de maio os dous autores da colección de contos “Polo correo do vento”, Enrique Mauricio (Mau) e Carlos Taboada (Pin) ofreceron na Biblioteca Municipal de Lugo unha actividade de animación á lectura, dentro do programa Ler conta Moito.
A sesión estaba destinada non só á animación á lectura senón tamén a concienciar aos nenos e nenas da importancia que ten o respecto e a protección do medio,
Ademais de todo iso, quixeron que os asistentes se animaran ao debuxo. Así comprobaron que si che explican paso a paso cómo se realiza un personaxe, é moi sinxelo debuxalo. De feito moitos deles sorprendéronse do ben que lles quedou o debuxo que fixeron.
Como remate, entre todos realizaron tres murais que na actualidade decoran a biblioteca.


O pasado 2 de maio a compañía Elefante Elegante representou na Biblioteca Municipal de Lugo a pequena obra: o aviador.
O protagonista humano, un aviador dos antigos, que viña ataviado como os da época de cando os avións no eran moi seguros (e de feito o seu avión no o era nada), aterreza na biblioteca, xusto onde se atopaban os nosos lectores máis pequenos sentados e dispostos a escoitar a súa historia. Aquí atopouse cun moucho moi, pero que moi, pesado, ao que o sol non lle gustaba nada.
O aviador tentará convencelo de que a luz do sol é necesaria para a vida, e xunto cos nenos e nenas participantes na actividade, amosaranlle o que sucede si o sol desaparece.
Ao final os nenos fóronse encantados e orgullosos de axudar ao aviador a convencer ao moucho.
O venres 26 de abril, visitounos María Paz Gutiérrez . Estivo na BPM de Ordes, e contounos historias cheas de maxia, sobre a vida en otros continentes. Fixo as delicias de máis de corenta cativos e das súas familias. Xuntos escoitamos fermosas historias e vimos libros , atuendos e obxectos de outros continentes. Para finalizar tomamos o té, que tivo tantos sabores como quixemos imaxinar…Estupendo!


Séguenos