Os contos da leiteira
O venres 22 setembro, ás 18:00 h, no auditorio da Biblioteca de Nigrán, tivemos: Os contos da leiteira, de OQO.

O venres 22 setembro, ás 18:00 h, no auditorio da Biblioteca de Nigrán, tivemos: Os contos da leiteira, de OQO.


A tarde do venres 22 de setembro tivemos na biblioteca unha sesión máxica con Pedro Bugarín.
E realmente foi unha tarde máxica e moi divertida, na que as nenas e nenos asistentes, e algunha persoa adulta, desfrutaron e participaron dos trucos de maxia con gran espectación.

Este pasado venres 22 de setembro tivemos no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén a visita de AL GUANELLA co seu espectáculo “CONVERSAS CON TANA. acerca da igualdade de xénero” ao que asistiron o alumnado de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos; e os usuarios da Asociación ASPAVI.
Este espectáculo teatral baseado na ventriloquía incluíu maxia, xogos de preguntas e respostas, cancións e a participación directa do público; e nel o granxeiro AL GUANELLA coa súa cadeliña TANA, mantiveron unha fluída e divertida conversa na que afloraron diálogos delirantes ata desencadear na cuestión da igualdade de xénero. combinadas con humor, cancións, ensinanza e moita sensibilidade.
Grazas a AL GUANELLA e a súa cadeliña TANA por volver outra vez ir a Pazos de Borbén a ofrecernos un espectáculo tan participativo e divertido.
Para conmemorar a chegada do Solsticio de Verán e o comezo das vacacións escolares, tivemos con nós á contadora ALBA DE VALES, quen nos trouxo o seu espectáculo de narración oral “CONTOS ARREDOR DO LUME” o Mércores día 21 de Xuño a partir das 11:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e asistiron a este evento todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
Neste excelente espectáculo ALBA DE VALES ofreceunos unha selección de contos de tradicións populares que nos achegaron ao lume de fóra e de dentro, para falarnos de igualdade, solidariedade, coraxe e intuición propia, que como unha luz guía, precisamos para andar o noso camiño. Falounos da tradición do Xan Xoán, entre outras, e coa súa expresión oral, co xesto e cun pandeiro redondo tradicional acompañando a velada, tróuxonos unha pouca luz que se cadra espertou aos lumes dormentes.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

O alumnado e familias da Escola Infantil de A Fonsagrada desfrutaron de contos e cantigas con Caxoto na Biblioteca Pública Municipal de A Fonsagrada. Esta función está chea de animais, pequenas historias e cantos no día a día na granxa de Xan.
Onte recibimos na Biblioteca Municipal de Lugo Isidro Novo a Mamá Cabra co seu espectáculo Ondamini con Mamá Cabra, no que Gloria Mosquera e Diego Maceiras combinaron cancións do seu repertorio con cancións populares. O éxito foi total e tanto os nenos e nenas como os maiores pasámolo xenial, cantando e bailando.


O pasado martes 16 de maio, Sole estivo na Biblioteca coa súa proposta para festexar as Letras Galegas!
Nenos e nenas, mamás e papás, e algunha avóa, asistiron a unha sesión que nos achegou á figura do homenaxeado deste ano, Francisco Fernández del Riego. Soubemos de que lle gustaba facer fotografías, escribir, defender a cultura galega…e tamén comer rosquillas 😉

Deu tempo para rir, pedir desexos, escoitar historias…en resumen, disfrutar dunha tarde moi amena.
Moitas grazas coma sempre a Sole Felloza! 🙂
Onte recibimos na Biblioteca Municipal Isidro Novo a Fran Campos, de Bandullo Azul, que veu acompañado de Fazulas e nos fixo pasar unha tarde moi divertida. Os nenos e nenas implicaronse totalmente na aventura iniciada por Fazulas para decubrir de que cor é o vento.




Sabela Gago compartiu cos nenos e nenas das Pontes os contos das súas Maletas Viaxeiras. Tivemos a sorte de escoitala e rir con ela dentro do noso programa Xoves na biblio. Encantounos viaxar polo mundo da súa man nunha viaxe chea de fantasía e humor.
Outubro, Mes das Bibliotecas
Hoxe estivo Tarabelos na Biblioteca de Portonovo coa súa proposta “O traxe novo do rei”, que aínda a ser un conto ben coñecido non deixou de sorprender ca súa particular versión cuns títeres fantásticos.

o traxe novo do rei
Tanto os nenos e nenas coma os maiores disfrutaron e pasaron un bo rato, participando da actividade, rindo, aplaudindo e cuestionando ó propio conto, tanto que ás veces os pais e nais rían coas ocurrencias dos pequenos.

Ó rematar a sesión xa houbo quen se levou o conto en préstamo para ler na súa casa…eso é o que máis nos gusta ós bibliotecarios!!!
Moitas grazas a Tarabelos por esta magnífica sesión!
E ata a próxima 😉


Séguenos