
O martes 10 de outubro tivemos unha nova sesión dentro do mes das Bibliotecas.
Teatro Calavera achegóuse a Portonovo para ofrecernos unha actividade teatralizada e deleitar así ó público infantil asistente, pero tamén os maiores que os acompañaban.

A exploradora Jeanne Baret invitou ó público a unha misión pola selva de Pitiminí, chea de misterios e especies por descubrir, e adentrándonos na natureza salvaxe coñecemos distintos animais e diferentes historias. Para rematar coa historia da cebra Camila e como os seus amigos a axudaron a recuperar as raias perdidas.

Pasamos unha tarde moi divertida e movida, xa que houbo que pasar por distintas probas para sobrevivir na selva 😉
E rematou a sesión con cada neno e nena levando un animaliño para a súa casa.
Os alumnos de 1°e 2° da ESO do IES Plurilingüe Fontem Albei de A Fonsagrada participaron esta mañá nun Escape Room na Biblioteca Pública Municipal do Concello de A Fonsagrada .
Neste xogo de aventuras físico e mental a rapazada resolveu unha chea de indicios e enigmas contra o reloxo.
Este mércores, as nenas e nenos de Cambre puideron achegarse a unha visión diferente do conto popular da Carrapuchiña Vermella.
A biblioteca municipal Xabier P. Docampo de A Barcala (Cambre) viviu o pasado venres unha estupenda tarde de contos con Ángeles Goás.


Onte, xoves 21 de setembro, a Biblioteca Municipal Os Templarios acolleu un fermoso espectáculo de artes escénicas dirixido a estimular ao noso público pre-lector de 0 a 3 anos e ás súas familias.

Onte á tarde, en Cambre, as familias gozaron da maxia das historias ilustradas na Biblioteca Central María Pita. A actividade consistiu nun contacontos con debuxo en directo.

A Biblioteca Central María Pita abriu este mércores 13 a programación de animación á lectura da rede de bibliotecas municipais de Cambre para o curso que comeza cunha tarde contos e cancións para público infantil e familiar.
Onte recibimos na Biblioteca Municipal de Lugo Isidro Novo a Mamá Cabra co seu espectáculo Ondamini con Mamá Cabra, no que Gloria Mosquera e Diego Maceiras combinaron cancións do seu repertorio con cancións populares. O éxito foi total e tanto os nenos e nenas como os maiores pasámolo xenial, cantando e bailando.



O pasado xoves dentro do noso programa Xoves na Biblio achegouse ás Pontes David Méndez co seu espectáculo Maxia de aquí e de acolá. Como nos sucede sempre cos espectáculos de maxia volveusenos a quedar cara de absoluta sorpresa e incredulidade ao asistir aos diferentes “trucos” que nos ofreceu o mago. Un bo espectáculo para nenos e nenas, que tamén desfrutaron os adultos.


Séguenos