08/10/2013
Día 4 de outubro de 2013 ás 17:00, na biblioteca de Escairón

Da man de Solidariedade Internacional de Galicia chegáronnos estes Contos do mundo, dentro do repertorio do programa Ler conta moito.
A actividade comezou coa presentación da animadora ós asistentes, quen invitou ós asistentes a viaxar con ela coñecendo un pouco de mundo, a través dun globo terráqueo, vendo países, continentes e océanos.
Acabamos aterrando no norte de África, concretamente no deserto do Sáhara, do cal vimos fotografías: o deserto, casas de adobe, a roupa das súas xentes (incluso vimos como se fai un vestido cunha longa tea, sen fío nin agulla), tamén aprendemos que viven en haimas, escoitamos algo de música, e sobre todo, coñecemos algo máis sobre como viven e algunhas das súas historias.

Animouse ós asistentes a descalzarse como introdución á cultura saharauí que é a que rodeou a sesión desenvolta. Aproveitando que había asistentes marroquís comparouse a cerimonia do té e mais desenvolveuse un baile.
Preséntase o xeito de vida en haimas, as teas coas que se visten, a cerimonia do té (na que se deben tomar 3 vasos). Incluso se deu opción a que quen quixera puidera tocar unha pouquiña area do deserto do Sáhara, o cal nos sorpendeu porque tén unha cor, unha textura e un aspecto sorprendente… Ninguén imaxinaba como sería tocar esa area.
Para que os asistentes identificaran mellor os conceptos que se trataban (o deserto, as haimas, as roupas, as casas de adobe,…) a contadora usou fotos de gran tamaño para velas.

Contou varias historias das que lle contaron cando estivo visitando a Gali e á súa avoa Layla. Os asistentes participaron activamente, e incluso cando nos ensinou como vestir unha tea moi longa para convertila nun vestido típico das mulleres saharauís. Entre as historias que nos contou están a historia do chacal Mohamed e a tartaruga Laha, e a do pastor que se converteu no sol.
O remate da sesión consistiu nun corro que percorreu un bico viaxeiro, non que non se obrigou a ninguén que non quixera a recibir un bico desde un lado e “pasalo” ó outro ata que chegara á monitora para despedila.
Ademais entregou varios exemplares da colección “Contos do mundo” para a biblioteca.
Acabamos bailando todos, e despedímonos cun sonoro bico viaxeiro.
Séguenos