19/10/2021
O pasado xoves a Biblioteca Xela Arias festexou de xeito adiantado o Día das Bibliotecas cun espectáculo de cinema e narración oral que foi moi ben recibido polos nosos usuarios, cativos e grandes.
A nosa biblioteca de Chapela escolleu o espectáculo “Cinema marabillas: ver para ler” da xenial artista da narración oral Raquel Queizás, polo éxito que obtivo o pasado ano na Biblioteca Valle-Inclán.
“Cinema marabillas: ver para ler” é un espectáculo fantástico e cheo de maxia que atrapa aos espectadores, nenos e grandes, achegándolles os contos clásicos á vez que os descoñecidísimos primeiros filmes do cinema mudo.
Ademáis, a biblioteca preparou un fondo escollido de libros sobre cinema e contos clásicos que estivo presente na actividade.

Pasamos unha estupenda tarde de cinema, celebración e achegamento aos libros.

+ INFO: https://bibliotecas.redondela.gal/festexamos-o-dia-das-bibliotecas-na-xela-arias-de-chapela-o-cinema-tamen-se-le-se-e-da-man-de-raquel-queizas/
Séguenos