‘Muller, poeta, en galego e… Polo mundo!’ na Biblioteca Central de Cambre
Na tarde do mércores 5 de outubro a Biblioteca Municipal Central de Cambre contou coa presenza de Yolanda Castaño. Esta recoñecida escritora bosquexou para o público asistente a súa peripecia profesional, os obstáculos, prexuízos e conflitos que viviu na súa determinación de ser Muller, poeta, en galego e… Polo mundo!
Unha charla moi amena que ilustra a necesaria loita de emancipación feminina desde o celme mesmo da nosa literatura.















No Día das Artes Galegas adicado a Laxeiro desfrutamos na Biblioteca Municipal de A Fonsagrada dun obradoiro de creación plástica no que se coñeceu ao artista e nos achegamos á súa obra e ás cidades onde desenvolveu a súa vida. Neste taller fomentouse a creatividade coa elaboración dunha peza coas técnicas pop up e pregado de papel. Esta actividade animou á lectura e descubriu a importancia das artes como medio de expresión artística. Primeiro fíxose unha parte teórica introducindo os conceptos literarios e artísticos necesarios para o desenvolvemento da parte práctica e finalmente os nenos comezaron a crear os seus propios libriños coa técnica de pop up e pregado de papel.


Séguenos