“4500 Anos da incrible historia da maxia (Parte 1 e 2)” do Mago Teto


O xoves 6 de outubro, a Biblioteca Municipal Os Templarios, acolleu a actividade Contos de Chuches Amil.
Fran Amil ofreceu unha divertida sesión de contos procedentes dos seus disco-libros “Un conto ao revés” e “Monstros. Con ou sen consentimento”, ilustrada coas súas propias cancións.

![]()
O xoves 6 de outubro contamos na biblioteca con Antón Ke e a súa estupenda actividade de animación lectora poético-artístico-musical.
Anacos da vida e poemas de Rosalía de Castro a ritmo de ukelele e voces infantís.

O día 5 de outubro tivemos a actividade Ramon Órbita, a dona do tempo. Pakolas contou as aventuras da protagonista coa súa máquina e para iso cantou numerosas cancións a ritmo de rock e, en todo momento, motivou a participación do público.


Da man de Leo Leiño e da súa irmá Cristina dúas meigas boas chegaron o xoves 29 de setembro a biblioteca de Monforte para facer as ledicias de 120 nenos e nenas de 5 e 6 anos. As meigas fixeron os seus trucos : libros que arden pero non se queiman, panos que cambian de cores, mesas voadoras, cartas máxicas que emiten luces , segredos da Ribeira Sacra e os seus libros… . Durante unha hora os rapaces foron partícipes da maxia e o bo facer destas simpáticas e entrañables meigas.



Onte, día 29 de setembro na B.P.M. Xosemaría Pérez Parallé comezou o Programa Ler Conta Moito. O primeiro contacontos foi “Coser e contar”, no que Marta Ortiz coa axuda dos obxectos empregados no oficio de coser foi enlanzando unha historia con outra. Foi un espectáculo de música e narrativa no que tamén recibimos pequenas nocións da linguaxe de signos. Pasamos unha tarde divertida na compaña de Marta Ortiz e a súa caixa de costura da que non deixaban de saír historias curiosas.
Moitas grazas pola vosa asistencia!

O mércores 28 a rapazada pasouno de marabilla coa actividade Habelas hainas. Tendo como telón de fondo as tradicións galegas, a verdadeira protagonista foi a maxia que axudada pola música e uns efectos especias magníficos creou o ambiente ideal para que o público asistente vivise unha tarde chea de emocións e diversión.
Na tarde do mércores 28 de setembro tivemos unha visita moi especial na Biblioteca Municipal Central de Cambre. Antes de comezar coa actividade de animación á lectura, un barrendeiro que pasaba por alí chamounos a atención sobre a importancia de non botar cousas ao chan para despois enredarnos a todas as persoas participantes cunha chea de divertidas anécdotas e contos ambientais.
O espectáculo ‘Miña casa, meu lar (contos ambientais)’, da man do narrador oral Caxoto, ademais de facernos rir e participar en distintos xogos, fíxonos pensar sobre a necesidade de coidar o noso entorno para que el nos coide a nós.



Séguenos