ROKEAMOS TODAS CON PAKOLAS
Pakolas visitou Irixoa co seu espectáculo “Rokeamos todas con Pakolas”. De xeito divertido, e coma sempre a ritmo moi rockeiro, as nenas e nenos aprenderOn da importancia de medrar e vivir en igualdade, a través das protagonistas das cancións e contos de ELAS: nenas, mulleres, figuras femininas inspiradoras que nos dan a coñecer diferentes historias de superación da desigualdade, de loita polo respecto e a liberdade.







Rapaces de Culleredo desfrutaron desta actividade de novo, con Iria Mejuto. Foi na Axencia de Lectura Municipal Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa, Culleredo, o xoves 22 de xullo. Pasárono moi ben reciclando vellas caixas, convertíndoas en agasallos. 






Xa pasou por Redondela á Peregrina Máxica! e deixounos unha interesantísima conxunción entre maxia, historia e curiosidades en torno ao Camiño de Santiago.
Obradoiro “Agasállate” de Iria Mejuto, realizado na Biblioteca Municipal de Culleredo, en O Burgo, o mércores 14 de xullo. Rapaces encantados coas ideas prácticas e creativas para obsequiar algo feito por eles mesmos. 

Os nosos agradecementos a Pakolas por facernos pasar unha tarde tan divertida.



Séguenos