autobiografía cuantificada II…na BPM do Saviñao
Día 21 de outubro de 2024 ás 11:00, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Autobiografía cuantificada II
da man de María Meijide
o 21 de outubro, ás 11:00
Recibimos a María con algo menos de temor ca o ano pasado polo que teriamos que facer. Para facernos relaxar, empezou presentándose outra vez ela e mostrándonos algunhas das cousas que fai.
Logo dalgunhas lecturas e conversas, escribimos un pouquiño sobre nós: o que nos gusta (o calor dos raios do sol nos pés ó sacalos da auga do río no verán), o que non (as bágoas do bebé que acolamos, cando non sabemos que facer para que pare de chorar), etc.
Algunha das súas obras publicadas pódese atopar na biblioteca. Podes consultalo neste enlace.









da súa Biblioteca Municipal,participa no programa “Ler Conta Moito” co que se dinamiza a lectura a través de diversas actividades.





Séguenos