Contos e cancións do mar de Títeres Babaluva – Axencia de Lectura Municipal Xosé Neira Vilas de Touro
Onte puidemos desfrutar da man de Títeres Babaluva dun espectáculo de monicreques. Con eles navegamos a través de dúas historias vinculadas ao mar, tratando a importancia do seu coidado á vez que se promovían valores como a amizade ou o respecto. Puidemos, así, achegarnos dunha forma lúdica ao coñecemento de diferentes especies do noso mar á vez que descubrimos cancións do cancioneiro galego tan ligado ao mesmo. Unha tarde moi divertida que nos permitiu incluso probar como manipular os diferentes protagonistas e aproximarnos o seu proceso de creación!




















Séguenos