O pasado venres a Biblioteca de Chapela foi o Punto de partida para que rapaces e rapazas exprimiran a súa imaxinación na creación de historias.
O obradoiro Dende o Punto ao Infinito, achegado polo animador Manuel Solla encamiñou a estes cativos para xogar coa imaxinación e plantexar unha orixinal base para inventar historias.
Se trataba de explorar a creación inconsciente. Mediante o xogo de converternos en Puntos, puntos que se moven, que ocupan un espazo e se comunican. Eses puntos se expresan no papel, e que se unen para transformarse en debuxos.
E agora chegaba o momento de inventar personaxes a partir dos debuxos creados polos puntos e, o máis importante, crear historias divertidas e disparatadas a partir destes personaxes ou obxectos.
Podedes ver máis no Blog das Bibliotecas de Redondela: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2013/10/dende-o-punto-ao-infinito-xogo-e.html
O martes 15 de outubro ás 18:30 h., 31 nenos e nenas disfrutaron na Biblioteca de Montrove, durante aproximadamente una hora, do espectáculo Abrapalabra (Matapiollos Teatro) coa magnífica actuación do mago Carlos Coira, quen fixo que o día rematase dun xeito máxico para todos os presentes. Tanto o público infantil como o adulto quedaron encantados e encantadas con todos os trucos que Carlos lles mostrou e nenos e nenas quixeron participar facendo de axudantes “improvisados” do mago. Foi unha tarde chea de trucos abraiantes, de asombros e de risas…
O pasado martes 15 de outubro tivemos na Biblioteca P. M. “Manuel María” de Oleiros un obradoiro de títeres con Larraitz. A actividade comenzou con puntualidade, e dun xeito rápido e eficaz as/os participantes comenzaron a elaborar os seus títeres. Tiñan ao seu dispor abundancia de pinturas, esponxas, pinceis, etc. Por simple “precaución” vestiron unas protecións de plástico co gallo de minimizar as manchas na roupa. Durante os case 70 minutos que durou o obradoiro se traballou arreo baixo a direción e guía de Larraitz. Os participantes se entregaron con entusiasmo nas tarefas artísticas e esto deu como resultado que cada un fixo o seu monicreque. Cumprida esta fase, cada nena/o inventou un conto para narrar co seu títere. Nestas pequeñas historias tivemos abundancia de monstros, serpes, etc., e os finais adoitaron ser bastante bruscos. Todos os pequenos artistas marcharon contentos e satisfeitos do traballo feito.
Divertidísimo contacontos o que tivemos na Biblioteca P.M. “Manuel María” de Oleiros o martes día 1 de outubro a cargo da artista Nati, da compañía Sarabela Teatro. Os contos incidían nas bondades dunha alimentación variada e o público noviño asistente participou activamente na actividade, sorprendendo as veces pola boa información que amosaban sobre o tema.
Ela narrou as súas historias, sendo interrumpida moitas veces polas risas e gargalladas; cando xa pasaba a metade da actividade varias asistentes choraban coa risa. Ao rematar o evento todos tiñamos una enorme sonrisa na cara e ledicia no corazón.

O venres 11 de outubro realizouse un obradoiro que tivo como finalidade a realización dunha curtametraxe, Xes Chapela foi o monitor encargado de impartir esta actividade aos nenos e nenas de 6º de primaria do CEIP Parga Pondal de Santa Cruz, que participaron no programa Ler conta moito a través do Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros.
Aprenderon os principios básicos da linguaxe audiovisual, as fases na producción audiovisual. Pasaron por grupos pola biblioteca para buscar un libro que se axustara aás súas expectativas, para facer o guión da curtametraxe. Elaboraron a sepnose da obra, puxeron son e imaxe a cada toma.
Repartíronse os papeis que cada un xogaba na grabación, desde os cámaras, axudantes de son, script, productor, localizador de exteriores, maquilladores, decorados, director e actores.
Ensaiaron as esceas, mentras os encargados do material técnico aprendían o seu manexo.
Para pasar a “acción” e comenzar a rodaxe.
Por fin montaron as esceas e comprobamos os resultados que foron moi satisfactorios.




O luns, 14 de outubro, tivemos a actuación do grupo Migallas teatro coa súa obra “Canta-Contos”.
Foi unha longa sesión, onde todos o pasaron estupendo, tanto cos contos como coas cancións que facían máis atractivos os contos.
Dende un principio tanto a música como o xeito de contar os contos, o ritmo, a escenificación… engaiolaron tanto a nenos e nenas como aos seus pais e nais.
Unha boa experiencia.

A tarde do 24 de setembro a contadora Carmen Domech divertíunos co seu espectáculo “Contacontos de libros contentos”. A artista mantivo o interés do público asistente con moita maestría e dominio das técnicas narrativas.
Os destinatarios directos da actividade eran xente miudiña de idades entre tres e seis anos, estes miraban abraiados os diversos “trebellos” que acompañaban a Carmen Domech na súa narración. Ela foi que de manter o interés nun grupo moi heteroxéneo e tamén de “pillar” a atención dos adultos acompañantes. Ao remate falou e comentou con todos a feitura dos elementos empregados na actividade, todos eles de feitura exclusiva da artista. Ler máis →

O venres 11 de outubro de 2013, ás 18’30 hs, desenvolveuse na Biblioteca de Nós unha das actividades do programa “Ler conta moito”.
Nesta ocasión, consistiu nun obradoiro creativo titulado”Títeres nas mans” destinado a nenas e nenos de máis de 4 anos, xa que cada un dos asistentes tivo que debuxar nas súas propias mans un personaxe inventado por eles.
Participaron un total de 24 rapaces : 10 nenos e 14 nenas.
Para finalizar, a monitora animou a algunha/algún voluntaria/o para sair a contar un conto co seu títere na man.
A sesión estivo moi animada e saíron personaxes moi singulares das mans das/dos asistentes.

María e o seu compañeiro Antonio fixéronnos pasar unha tarde estupenda cos seus contos, viaxamos ao bosque da man dunha raniña pouco ecolóxica, participamos na investigación dunha toupiña para descubrir quen lle fixera “aquilo” na cabeza, cantamos…bailamos, en fin, fixéronos disfrutar.


Séguenos