“A cabaza encantada” na Biblioteca Central de Cangas

O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa divertíronnos moitísimo co seu conto “A cabaza encantada” e seguidamente os nenos desfrutaron no obradoiro de galletas “monstruosas”.

O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa divertíronnos moitísimo co seu conto “A cabaza encantada” e seguidamente os nenos desfrutaron no obradoiro de galletas “monstruosas”.

Dentro da nosa programación especial do Día da biblioteca recibimos a Babaluva co seu obradoiro de ilustración, unha actividade na que os nenos e nenas deixaron saír a súa creatrividade, guiados/as polo bo facer de Miren Mirari.
Este obradoiro tivo lugar o sábado 19 de outubro na Praza de Galicia, ubicación veciña á nosa biblioteca a onde nos trasladamos para celebrar o noso día grande nunha xornada chea de actividades para todas as idades.


As celebracións do Día da biblioteca sacaron o noso servizo á rúa o sábado 19 de outubro. Instalámonos na veciña Praza de Galicia cunha carpa que acolleu diferentes actividades durante toda a xornada.
Os nenos e nenas puideron gozar do espectáculo “Estrafalaria”, de Atenea García, unha sesión de contacontos da que tamén disfrutaron moito as súas familias.

O xoves 24 tivemos en Portonovo para celebrar o Día das Bibliotecas, a proposta de Donde viven los cuentos.
Dúas piratas moi valentes que nos falaron da igualdade de xénero da man do conto de Daniela Pirata. Unha nena que quere ser pirata e que ten que sortear numerosas probas para demostrar a súa valía.

Os nenos e nenas axudaron nas probas, participaron do proceso dunha poción noxenta, a busca dun tesouro seguindo as pistas no mapa… para acabar recibindo as súas cicatrices como meritorios piratas. Máis dun saía contando que eran resultado da loita con tiburóns ou crocodilos!

Xoán Curiel estivo en Narón o pasado venres 18 de outubro para celebrar con nós o Día da biblioteca.
Aínda que a súa actuación estaba prevista na Biblioteca Central, as obras de acondicionamento do local obrigáronnos a trasladar a actividade á Axencia de lectura municipal da Gándara. Este espazo máis íntimo, dentro dun dos barrios máis poboados do noso concello, acolleu o concerto de Curiel, un espectáculo no que pon música á obra de mulleres poetas facendo un percorrido pola historia da poesía.

o xoves 24 de outubro Carlos Coira achegouse a Monforte para traer ao Sr Basilio e contarnos as súas marabillosas ideas. Máis de cen nenos e nenas de nove anos estiveron atentos as historias dun bibliotecario e a súa relación con Carliños. Maxia, cancións e contos foron os protagonistas desta historia.

Este xoves día 24, estivo na Biblioteca connosco Julio, da Asocición de Amigos do Museo Galego da Marioneta. Neste obradoiro lúdico-creativo de monicreques as crianzas crearon marionetas de variñas con materiais como xornais, cartolinas e variñas de pau. A actividade foi todo un éxito, os pequenos e pequenas saíron moi contentos cada un coa súa marioneta e, coa satisfacción de confeccionala eles mesmos.


Nun obradoiro interactivo e dinámico, trufado de experimentos prácticos, no que os nenos/as participaron de cheo, a rapazada de 4º,5º e 6º cursos de primaria do Concello de Moeche, achegados á biblioteca, coñeceron, asombrados, misterios e propiedades insospeitadas do líquido elemento, fundamento da vida.



Hoxe celebramos o día da biblioteca cunha gran festa: acompañounos Paco Nogueiras e o seu Radio BuleBule.
A través de cancións e consellos informounos da actualidade. Pasamos unha tarde moi divertida.


Séguenos