O 23 de abril celebramos O Día Internacional do Libro coa visita de Fátima Fernández.
Fátima amosounos unha morea de libros moi especiais e contounos algunhas de historias plasmadas neles. Foi unha sesión moi divertida na que conseguiu que participásemos todos, grandes e pequenos.
Participaron todolos nenos e nenas da Galiña Azul de Antas de Ulla e outros bebés do pobo. En total 36, entre nen@s e nais.
A actividade desenrolouse durante media hora na que os actores ían narrando contos sinxelos, os dous á vez en voz medianamente baixa, pero por entre os nenos para lograr captar a súa atención e todo intercalando cancións e xogos de imitación.
Ó final cada neno manipulou un xoguete relacionado co conto.
Resultou unha actividade moi interesante e que gustou a nais e os nenos disfrutaron.
Intentaron tamén que as nais colleran orientacións para contar os contos ós pequeniños.
Actividade desenvolta o luns 20 de maio no marco da programación do Día das Letras Galegas. Unha vez máis, Raquel Queizás deleitounos cun espectáculo de contos, convidándonos a viaxar polo mundo adiante para amosarnos as diferentes culturas. Os cativ@s interactuaron dende o primeiro intre de todas as historias e lendas relatadas.

O pasado día 21 de maio tivemos a gran sorte de poder contar cos Contos de Pablísimo na Biblioteca de Coiro. Pablísimo deleitounos con “Contos de príncipas e princesos”, foi unha xornada de tarde onde os nenos de idades comprendidas entre 3 a 12 anos e os xa non tan nenos, os seus pais, puideron desfrutar dunha tarde de contos, participando e interactuando nalgunha das narracións.
Velada amenizada con música e instrumentos que fixo que os nenos desfrutaran do máxico mundo dos contos.
Moito público asisitente no NANOCONTOS para nenos de 0 a 3 anos. Un éxito para os máis pequenos que quedaron encantados coa actuación ao igual que os seus pais. Nos animaron a seguir facendo actividades para este sector de idade e establecimos que a proxima vez, e pode valer para todos, un pai un neno, senón e demasiada xente porque tamé traían aos irmáns máis maiores da idade recomendada.
Tamen celebramos o día das letras galegas con Eduvia e As 6 caras das letras galegas, para rapacesde 4º da eso. Moi entretida e animada actividade
A Biblioteca Municipal de Pontecesures invitou aos rapaces e rapazas de 9 a 11 anos do concello a pasar unha noite distinta. Dentro do programa “Ler conta moito”, os rapaces disfrutaron coas historias do Sahara proporcionadas por Solidariedade Internacional de Galicia e da lectura compartida de libros cos amigos. A actividade desenvolveuse das 9:30 da noite do sábado 27 ata as 9:30 do domingo 30.
Tras unha velada intensa de historias, os rapaces repuxeron forzas co almorzo ofrecido polo Café Bar Galicia.
Contacontos teatral no que participaron uns trinta nenos e nenas, e os pais e nais que os acompañaron.
A maiores dos divertidos contos do Ratiño Presumido, a actividade complementaria resultou moi interesante coa instalación na biblioteca dun expositor no que se ubican os contos favoritos dos ratos de Lonxedetodo.
Co seu lapis máxico e a fantástica dramatización do conto, logrou o entusiasmo e a atención de tódolos participantes na actividade, así como a súa implicación na mesma, seguindo e facendo diferentes xogos dramáticos que eran axudados polo lapis que pinta soños.
Participaron preto de 30 nenos e nenas, de 4 a 8 anos.
Foi todo un éxito que só co corpo e os xestos se lograra unha actividade tan enrequecedora.
O 14 de maio estivo na Biblioteca de Sober NATI da Compañía Sarabela Teatro que nos acompañou, durante case 90 minutos, cós seus contos . Participaron os alumnos do CEIP Virxe do Carme de Sober, os nenos do PAI do Concello e tamén asistiron como invitados un grupo de adultos do Centro de Día Agora de Monforte de Lemos. A partir das 12h., Nati fíxonos vivir outros mundos, coñecer outras culturas gracias a súa gran interpretación e exprexividade. O público asistente participou activamente , xogando coas palabras que a profesional do teatro nos propuxo. A actividade realizouse no salón de actos da Casa da Cultura de Sober , pois a Biblioteca Municipal quedábase pequena para acoller a todos os invitados que acudiron este día convocados pola Biblioteca.


O día 15 de Xuño, na Biblioteca Municipal de Alfoz, dentro do programa “Ler conta moito” tivo lugar un espectáculo de maxia “GRAVIDADE CERO” a cargo de oficios antigos.
Actividade dirixida a todo o público en xeral. Espectáculo cheo de humor, xogos e ilusións ópticas, onde o público disfrutou a gargalladas de novas sensacións e sorpresas.
Ao remate da actividade, realizouse outra comprementaria na que os asistentes fixémoslle entrega dun tríptico onte se lles da a coñecer as funcións e servizos que ofrece a biblioteca, para logo realizar un xogo de búsqueda dun libro de temática elixida por eles, a ver quen o atopaba antes.


Séguenos