Tarde máxica co Mago Paco
![]()
Onte a tarde o Salón de Actos do Centro Social dá Rúa encheuse de maxia e de contos. O Mago Paco fixo as delicias de grandes e pequenos. Tamén é verdade que nos deu algún que outro susto!![]()

![]()
Onte a tarde o Salón de Actos do Centro Social dá Rúa encheuse de maxia e de contos. O Mago Paco fixo as delicias de grandes e pequenos. Tamén é verdade que nos deu algún que outro susto!![]()

O venres 16 de setembro celebrouse o primeiro contacontos de Ler conta moito deste ano, e foi un comezo con moito “conto”.
Os nenos percorreron Galicia “conducindo” desde o seu asento, e descubrindo os monstros e seres fantásticos que aínda habitan na nosa terra.

A mitolóxica Coca de Redondela, a fermosa serea de San Cibrao, o carballo de San Fins,…foron algunhas das aventuras que viviron con moita entrega e entusiasmo os que acudiron esta tarde. Todos quedaron moi agradecidos á Compañía Barafunda pola súa fantástica representación, desexando volver a emprender una nova viaxe da súa man.

Da man de dúas exploradoras que buscaban un tesouro fomos coñecendo diferentes personaxes de contos coñecidos polo público como “Monstro rosa” ou “Vivan las uñas de colores”
Cada unha delas tiña un anaco dun mapa que ao unirse indicaba que o tesouro se atopaba en “Xalundres”. Ó remate da actividade descubrimos onde está ese misterioso lugar e o segredo do tesouro que contén.
Esta actividade de Pedro Bugarín no seu título pon que”Galicia ilusiona coa maxia”, na Biblioteca de Santa Cruz en Oleiros, non foi so a maxia a que fixo que o público se ilusionase, senón que a simpatía do artista completou o espectáculo con pílulas de diversión e risas. Un auditorio totalmente entregado e abraiado cos trucos foi o resultado final da actividade.
Cordas rotas que reaparecían como novas, moedas invisíbles que de súpeto e sen que ninguén o entendese aparecían dentro de vasos, páxinas brancas de libros que máxicamente se iluminaban con miles de cores, esos e moitos trucos máis deixaron a un público sorprendido e con gañas de máis.
Ao final da actividade, repartiuse unha variña máxica a cada rapaz e rapaza asistente.

Na tarde do mércores, 21 de setembro, a Biblioteca Central de Cambre acolleu unha divertida sesión de títeres. A función, a cargo de Mircromina Teatro de Títeres reuniu ao público asistente arredor da historia de Raio the Loubican, metade lobo, metade can, un interactivo espectáculo de títeres no que un can faise coa atención das nenas e nenos contando a súa historia de superación e aprendizaxe.

Este mércores 21 de setembro Paula e Lucía de Trémola Teatro ofrecéronnos un espectáculo para bebés de 6 meses a 3 anos chamado “Que animaliño é?”.
Nel, 40 bebés e as súas familias puideron desfrutar dunha tarde de contos, cancións, baile e todo tipo de sensacións que fixeron que saíran do maís satisfeitos. Seguro que esta noite durmirán de seguido!
Grazas como sempre a Ler Conta Moito por traernos esta actividade tan divertida.
En laxe a tarde do domingo 19 estivo o Bardo Abelardo poñendo múseca a poesías de Rosalía pertencentes os seus libros Cantares Gallegos e Follas Novas. Emotivo espectáculo creado polo bardo no que colaboraron tamén os asistentes cantando algúns temas ó tempo que o bardo.
O pasado luns, 19 de setembro, a Biblioteca Pública Municipal de Paradela acolleu un obradoiro creativo dentro do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito” da Xunta de Galicia. Un total de 24 nenos e nenas de infantil do C.E.I.P Plurilingüe San Miguel de Paradela achegáronse á biblioteca con profesores e algunha mamá, para debuxar un conto, con Estefanía Padullés Estévez.


A actividade rematou cos nenos e nenas moi contentos ca elaboración do libro que ilustra as peripecias da súa protagonista “A Vaca Mona”.
Darlles as gracias aos nenos e nenas do C.E.I.P Plurilingüe de San Miguel de Paradela por colaborar ca biblioteca do seu pobo.
Este luns 19 de setembro comezamos nova tempada de animación lectora na biblioteca Mª José Ruso de Dorneda da man de Trécola Teatro co seu contacontos “O tesouro”. Con dúas imaxinativas exploradoras viaxamos a mundos máxicos e sorprendentes na procura dun tesouro moi, moi especial.

O martes, 20 de setembro, tivo lugar na biblioteca de Oleiros o obradoiro “Robótica educativa. Creatividade inspiradora”.
As nenas e nenos que participaron nesta actividade crearon, con pezas de lego, diferentes obxectos que programaron para que executaran diferentes accións como por exemplo un caracol que se ilumina e canta ou un robot espía que nos avisa cando unha persoa entra na biblioteca.
Pasamos unha tarde verdadeiramente divertida e sobre todo aprendimos moito sobre que é un robot, cómo funciona e para que sirve.




Séguenos