20/09/2019
A voz de Iria Mejuto e a guitarra de Richie Rozas fixeron emocionarnos en Láncara grazas á coidada selección de cancións e autoras, e a súa interpretación no concerto “Voces de muller”.
Os feitos máis destacados das biografías das cantantes compoñían un relato introdutorio a cada tema, onde se reflectían as dificultadas da muller no mundo cotiá e no mundo da música. E despois, as cancións que xa formaban parte da nosa vida, pero que puidemos gozar en vivo, e das que agora xa coñecemos á muller e a historia detrás delas.
Unha sesión musical para entender e valorar como influíron as mulleres non só na música, senón tamén nas humanidades e no feminismo. Un espectáculo inesquecible.
Séguenos