Execución de medidas xudiciais previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores: Memoria 2023
Esta actividade estatística denominada 2511-03-OE05 Estatística de execución de medidas xudiciais impostas a menores está integrada no Programa estatístico anual do Instituto Galego de Estatística publicado no Decreto 160/2023, do 28 de decembro (DOG nº 10, do 15.01.2024).
A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen.
Estas táboas recollen os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2023 e preséntanse divididas en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas.
O obxectivo que persegue é coñecer as magnitudes e principais características das medidas xudiciais impostas a menores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
