Protocolo para a atención a persoas LGBTI nos Centros de Información á Muller (CIM) e para a prevención da LGBTIfobia

O Protocolo para a atención de persoas LGBTI nos Centros de Información á Muller (CIM) e para a prevención da LGBTIfobia ten como obxectivo dotar o seu persoal dunha ferramenta práctica para atender de maneira eficaz e respectuosa as persoas usuarias do CIM pertencentes ao colectivo LGBTI, poñer en marcha actuacións de prevención ante condutas LGBTIfóbicas, canalizar as denuncias de LGBTIfobia ante o Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, así como levar a cabo accións nos centros, para que actúen e se visibilicen como espazos seguros para o colectivo.

Protocolo para a atención a persoas LGBTI nos Centros de Información á Muller (CIM) e para a prevención da LGBTIfobia

Edita: Consellería de Política Social e Igualdade, Dirección Xeral de Promoción da Igualdade. Santiago de Compostela, 2025.
Formato: 21 x 30, 40 páx.
Enlace:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará