Informe da explotación estatística do censo de persoas con discapacidade
En cumprimento do PEA (Programa estatístico anual) de 2023 (Decreto 224/2022, do 29 de decembro, publicado no DOG núm. 11 do 17.01.2023) publicamos os datos de 2022 da operación estatística 2507-01- OE06 Explotación do censo de persoas con discapacidade.
O censo de persoas con discapacidade de Galicia refírese ao conxunto de persoas que teñen recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Serve de instrumento de planificación para elaborar as políticas de intervención na área da discapacidade.
A través deste censo pode obterse a seguinte información: tipo de discapacidade, física, intelectual, mental, sensorial e/ou enfermidades raras; tipoloxías de diagnóstico por cada grupo de discapacidade (distribuídas en 21 diagnósticos); distribución territorial da poboación con discapacidade; a estrutura de idade desa poboación; a súa distribución por sexo ou por grao de discapacidade, etc.
Neste enlace pode consultar os datos do ano 2022 e de anos anteriores:
https://politicasocial.xunta.gal/gl/areas/discapacidade/censo-de-persoas-con-discapacidade
https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/publicacions/censo-de-persoas-con-discapacidade