BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social. Nº 8 (maio-xuño, 2017)

Xa se pode consultar o nº 8 do BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social, centrado nas últimas novas relacionadas coas as actuacións levadas a cabo por esta consellería no ámbito dos Servizos sociais

BdB. Boletín de Benestar : Boletín Informativo de Política Social, nº 8 (Maio-xuño de 2017). Santiago de Compostela: Consellería de Política social, Secretaría Xeral Técnica, Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Sección de Publicacións e Estatísticas, 48 p. : il. cor ; 30 x 21 cm

A actualidade desta nova entrega vén marcada polas diversas actuacións da Consellería relacionadas coa infancia e as medidas de conciliación, a perda de poboación, os maiores ou a inclusión dos máis desfavorecidos. Na sección de Estatísticas centrámonos en divulgar os datos de risco de pobreza e/ou exclusión social (Indicador Arope) e datos sobre o grao de dificultade das familias para chegar a fin de mes en Galicia, datos extraídos da Enquisa coxuntural de fogares elaborada polo Instituto Galego de Estatística. Por último, no apartado de Alertas, damos información actualizada de publicacións periódicas, cursos e congresos, e recursos informativos de ámbito social que axudarán a mellorar a formación e profesionalización dos nosos lectores.

https://libraria.xunta.gal/gl/bdb-boletin-de-benestar-boletin-informativo-de-politica-social-no-8-maio-xuno-2017