Comentarios sobre las leyes de reforma del sistema de protección a la infancia y la adolescencia
Presentamos nova bibliográfica extraída do Boletín de Infancia y Juventud, nº 258 de Siis, Centro de Documentación da Fundación Eguía Careaga.
Resumo: O obxectivo esencial desta obra, froito do esforzo colectivo dos seus autores, non é outro que o de ofrecer un estudo rigoroso e actualizado acerca das principais novidades incorporadas ao sistema español de protección á infancia e á adolescencia operado pola Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, e pola Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia.
Estas normas, como as súas propias exposicións de motivos enuncian, modifican en boa medida o sistema de protección á infancia e á adolescencia vixente ata a súa entrada en vigor. Neste sentido, víronse afectadas, en boa parte do seu articulado, a Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de axuizamento civil, e a Lei 54/2007, do 28 de decembro, de adopción internacional; e, con relación ás medidas de protección das persoas menores de idade e aos procedementos, tanto para impugnar resolucións administrativas coma para determinar a necesidade de asentimento na adopción, o Código Civil e Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, respectivamente.