Distancia social y derecho al cuidado

03. Xullo 2020 Alertas

Este informe tenta trazar algúns aspectos prospectivos do futuro e como abordar algúns dos retos que nos esperan como a desigualdade, a pobreza e a exclusión social.


Distancia social y derecho al cuidado. Serie: Análisis y Perspectivas, Madrid, Fundación FOESSA, 2020, 50 p.

Os cambios tan profundos que se viviron no segundo trimestre de 2020 están aínda demasiado próximos para que se poida realizar unha análise en profundidade das consecuencias da crise da COVID-19. Despois de tres meses só pódese observar os primeiros impactos dunha crise que se caracterizou, en primeira instancia, por xerar unha rápida e profunda ferida na sociedade española. Afectou aos mecanismos de participación social de forma simultánea. O virus atacou á vida, tensando ao máximo desde os coidados no fogar ata o sistema residencial de atención a maiores, desde os coidados no sistema hospitalario ata a morte en soidade. Afundiu a  nosa principal vía de ingresos, o emprego, pola necesidade de parar o sistema produtivo para frear o contacto social. E cambiou, aínda se sabe ata onde, a inclusión pola vía do relacional; o confinamento, a forma máis extrema de illamento social, foi a única maneira de frear a súa expansión.

Analízase no primeiro capítulo deste informe as primeiras consecuencias en termos económicos, de emprego e relacionados cos nosos mecanismos de coidados. O shock da economía e o seu impacto no emprego evidencian as contradicións nas nosas formas de sustentabilidade da vida.

Pero as consecuencias desa profunda e rápida ferida non se percibiron por igual en todos os sectores sociais. Nin o relato que devén de cada un deles é o mesmo. Analízase en próximos informes as consecuencias da crise da COVID-19 no conxunto da poboación. A análise do segundo capítulo céntrase  no espazo da exclusión social grave. Realizouse esa elección porque son as persoas máis afastadas do centro social. Iso constituíu un factor histórico da súa invisibilidade. Mediuse algúns dos compoñentes dos tres grandes eixos da exclusión social: o económico, o político e cidadán e o social e relacional. A primeira mirada nesta crise pretende cuantificar a evidencia dos que máis perden. Desde a perspectiva deste informe que tenta trazar algúns aspectos prospectivos do futuro, abordar algúns dos retos que nos esperan. A desigualdade, a pobreza e a exclusión social; as políticas sociais públicas; a fiscalidade; o cambio climático e a adaptación do noso sistema produtivo; a evolución dos valores sociais; os retos do terceiro sector de acción social; o papel da Unión Europea, etc.

https://caritas-web.s3.amazonaws.com/main-files/uploads/2020/06/C%C3%81RITAS-analisis-y-persectivas-digital-00000002.pdf