El impacto de la pandemia COVID-19 en las personas con discapacidad

07. Xullo 2021 Alertas

Este estudo aborda o impacto que a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 está a ter na vida das persoas con discapacidade e as súas familias


SIIS Servicio de Información e Investigación Social, El impacto de la pandemia COVID-19 en las personas con discapacidad. Madrid, Real Patronato sobre Discapacidad, 2020, 192 p.

Este estudo aborda o impacto que a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 está a ter na vida das persoas con discapacidade e as súas familias, en concreto en ámbitos como os servizos sociais, o emprego, a educación, a saúde, e os dereitos básicos. Tal e como se indica neste, pretende proporcionar unha visión panorámica que sirva como punto de partida para a elaboración de futuras investigacións. Para iso leváronse a cabo dúas técnicas de investigación: enquisas en liña e un estudo Delphi con 15 profesionais e persoas expertas no ámbito da discapacidade. Ademais de mostrar os resultados acerca das principais necesidades, problemas e dificultades manifestadas polas persoas con discapacidade na situación xerada pola Covid-19 ao longo de 2020 que, en xeral, evidencian consecuencias negativas, o informe mostra a reflexión realizada sobre os retos futuros que se expoñen tras a pandemia e proporciona algunhas recomendacións para a adecuación das políticas públicas españolas ás necesidades das persoas con discapacidade, achegando posibles liñas de actuación desde un enfoque de dereitos humanos.

https://www.siis.net/documentos/ficha/562555.pdf