El sistema de servicios sociales en España

20. Xuño 2019 Alertas

O Centro de documentación Siis, da Fundación Eguía Careaga preséntanos esta publicación sobre o panorama e a implantación dos servicios sociais en España no marco do Estado de Benestar


Anaut-Bravo, S. (coord.), et al., El sistema de servicios sociales en España. Serie: Social Work Series Aranzadi n. 6, Cizur Menor, Thomson Reuters Aranzadi, 2019, 321 p.

No marco do novo Estado de Benestar, o sistema de servizos sociais inicia a súa andaina con impulso e amplas expectativas ao ser a primeira competencia que se transfire ás CC. AA., así como coa intención de ser un alicerce central do novo Estado de Benestar. Para iso foi preciso delimitar o seu espazo de intervención e recoñecer os dereitos aos que ha de dar resposta e que lle dan identidade. O alicerce sobre o que se sustenta o sistema de servizos sociais son as diferentes leis autonómicas de servizos sociais. Estas leis concretaron os principios e dereitos reitores do sistema, a súa estrutura funcional e organizativa, así como as prestacións básicas (técnicas, materiais e económicas) que son comúns en cada territorio autonómico. O panorama xeral resultante preséntase complexo ante as 17 formas nas que se plasma o sistema. Optouse por centrar o estudo no seu primeiro nivel: atención primaria, comunitaria ou básica, e nunha análise comparativa de dúas Comunidades uniprovinciais: Comunidade Foral de Navarra e A Rioxa. Para a súa consulta o documento deberá solicitarse ao devandito centro: https://www.siis.net/