Estatística de familias numerosas, 2019
Xa se poden consultar os datos da Estatística de Familias Numerosas correspondentes a 2019
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Estatística de familias numerosas, 2019. Santiago de Compostela ; Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2017. 28 p. ISSN: 1139-4420.
Esta operación estatística denominada 2012-01-OE05 Estatística de familias numerosas está integrada no Programa estatístico anual do Instituto Galego de Estatística publicado no Diario Oficial de Galicia polo Decreto 162/2019 do 19 de decembro (DOG nº 248, do 31.12.2019).
Ten como obxectivo coñecer o número e as principais características — categorías, tipoloxía dos/as fillos/as, idade dos cónxuxes e fillos/as, situación laboral e estado das civil do titular– das familias numerosas.
Os datos extráense da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 2019. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para obter o recoñecemento da condición de familia numerosa.