Estatística de protección de menores: operación estatística 2506-02-OE05 | 2016

Xa se poden consultar os datos estatísticos de protección de menores de 2016 segundo o establecido no Programa estatístico anual (PEA) do IGE publicado no Decreto 188/2016, do 22 de decembro polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2017 (DOG nº. 249, do 30.12.2016)


Estatística de protección de menores: operación estatística 2506-02-OE05 | 2016. ISSN 1889-8025. Santiago de Compostela : Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2017, 35 p.

Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/estatistica_menores_2016.pdf  

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/estatistica_menores_castellano_2016.pdf