Estatística de Protección de Menores
Xa se poden consultar os datos de 2015 da operación estatística de protección de menores elaborada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
Estatística de Protección de Menores, 2015. ISSN: 1889-8025. Santiago de Compostela, Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2016.
Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, ben sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.