Estudo sobre senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia

A realización dun estudo sobre o senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia é unha das medidas previstas no Plan de Persoas sen Fogar de Galicia 2019-2023. Para levalo a cabo, a Xunta de Galicia contou coa colaboración do equipo de investigación da Universidad de Santiago de Compostela.


Aguayo Lorenzo, Eva… [et al.]. – Estudo sobre senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia. Santiago de Compostela : Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Inclusión Social, 2020. 160 p. (Colección Senfogarismo ; 1)  ISBN de autor: 978-84-09-20400-7

A realización dun estudo sobre o senfogarismo feminino e violencia de xénero en Galicia é unha das medidas previstas no Plan de persoas sen fogar de Galicia 2019-2023. Para levalo a cabo, a Xunta de Galicia contou coa colaboración do equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela. O traballo realizouse coa supervisión da Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Inclusión Social, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e co apoio dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A dita investigación, que identifica as necesidades diferenciadas das mulleres nese ámbito, servirá para mellorar a rede de atención ás persoas sen fogar.

o novo Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia 2019-2023 pretende dar solución a esta cuestión, ao estar orientado cunha perspectiva de xénero “destinado a visibilizar a exclusión residencial que sofren as mulleres no ámbito privado, ofertar solucións ás situacións de precariedade habitacional ás que están expostas e adoptar medidas específicas orientadas a previr a violencia estrutural que sofren por ser mulleres.

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/publicacions/estudo-sobre-senfogarismo-feminino-e-violencia-de-xenero-en-galicia