Guía de recursos para as familias, 2017

Un ano máis publicamos a guía de recursos para as familias onde os usuarios atoparán información actualizada de todas as prestacións , servizos, plans e programas ofertados pola Administración autonómica para favorecer a calidade de vida das familias galegas.


Guía de recursos para a familias, 2017. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, 2017.  181 p. ; 30 x 21 cm

Publicación electrónica en liña que recolle o conxunto de medidas e prestacións que a Xunta de Galicia lles ofrece ás familias co obxectivo de facilitar información actualizada daquelas axudas que redundan na mellora da calidade de vida de cada un dos seus membros: as prestacións económicas da Seguridade Social, o conxunto de permisos e excedencias, os beneficios fiscais de ámbito autonómico, as medidas e beneficios fiscais de ámbito estatal, así como información dos servizos, plans e programas ofertados polos diversos departamentos da Administración autonómica. Todo isto encamiñado a apoiar e favorecer as familias galegas

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/guia_recursos_familia_2017.pdf