Informe Evolución de la familia en España, 2016

11. Maio 2017 Alertas
Ofrecemos este interesante documento elaborado polo Instituto de Política Familiar sobre a familia en España no que se analiza a situación da familia nas súas distintas dimensións, buscando poñer de manifesto os seus principais problemas actuais ou futuros. Igualmente, presenta alternativas ou solucións a estes problemas.

 

Informe Evolución de la familia en España, 2016 / Instituto de Política Familiar. Madrid : O Instituto, 87 p.

Ao Instituto de Política Familiar (IPF), organismo civil, internacional e independente e de carácter non lucrativo debemos a elaboración deste informe actualizado sobre a evolución da familia con datos obxectivos que nos mostran unha crúa realidade: descenso da natalidade, envellecemento da poboación, ruptura familiar… Tamén se analizan outros aspectos como a conciliación da vida laboral e familiar, a evolución das políticas dedicadas ás familias, as prestacións económicas que reciben, a súa fiscalidade, etc.

Desde o seguinte enlace pode acceder ao documento:

http://www.ipfe.org/Espa%C3%B1a/Documento/105

 

 

 

 

 

Etiquetas