Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Agosto 2017

04. Setembro 2017 Normativa

Recollemos para a súa consulta unha selección de normas relacionadas coas políticas sociais e publicadas no DOG ao longo do mes de agosto de 2017

Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 145, do 01.08.2017).

Resolución do 31 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2017. (DOG nº 148, do 04.08.2017).

Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017. (DOG nº 148, do 04.08.2017).

Orde do 27 de xullo de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 8 de marzo do 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301V). (DOG nº 148, do 04.08.2017).

Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018. (DOG nº 151, do 09.08.2017).

Decreto 77/2017, do 3 de agosto, polo que se modifica o Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social. (DOG nº 153, do 11.08.2017).

Orde do 19 de xullo 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 153, do 11.08.2017).

Orde do 2 de agosto de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual realizados en Galicia por entidades privadas sen ánimo de lucro. (DOG nº 153, do 11.08.2017).

Orde do 26 de xullo de 2017 pola que se modifica a Orde do 4 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 154, do 14.08.2017).

Orde do 7 de agosto de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 9 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga) e se aproba a súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 155, do 17.08.2017).

Resolución do 7 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018. (DOG nº 156, do 18.08.2017).

Resolución do 10 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se declara de interese galego a Fundación Amedis e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego. (DOG nº 158, do 22.08.2017).

Orde do 11 de agosto de 2017 pola que que se establecen as bases reguladoras dunha experiencia piloto para a creación dun programa a prol da contratación e formación de persoas mozas nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario, e se convocan incentivos para as empresas para formación e contratación de mozas e mozos neses sectores. (DOG nº 161, do 25.08.2017).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará