Plan Proxecta. Educación sexual. Curso 2019/2020. Fichas

Presentamos unha nova edición do Plan Proxecta para o curso 2019/2020 que asesora sobre sexualidade á nosa mocidade


 

Equipo dos centros Quérote+. Plan Proxecta. Educación sexual. Curso 2019/2020. Santiago de Compostela, Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, 2018. — 3ª ed. —  60 p.

Trátase dunha publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude.

Preténdese que aprendan a se coñeceren, a se aceptaren e a viviren a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito ao seu pleno desenvolvemento persoal e social.

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/fichas_proxecta_19_20.pdf