Proxecto ELES.O Estudo Lonxitudinal Envellecer en España

08. Xuño 2016 Alertas

Invitamos os nosos usuarios a coñecer o Proxecto ELES , proxecto interdisciplinar que lles axudará a profundizar nos procesos evolutivos do envellecemento desde distintas dimensións


Proxecto ELES

http://proyectoeles.es/

Que é o Proxecto ELES?
O Estudo Lonxitudinal Envellecer en España (ELES
) é un proxecto interdisciplinar con deseño lonxitudinal, baseado no seguimento, durante 20 anos, de cohortes de poboación españolas nacidas antes de 1960.
A través da recollida de información periódica a unha mostra de poboación representativa, analízase o proceso de envellecemento dos participantes. A recollida de datos efectuarase mediante entrevistas periódicas e recollida de datos complementarios.

Os promotores do Proxecto ELES son o Centro de Ciencias Humanas e Sociais do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o Instituto Xerontolóxico MATIA (INGEMA). O Proxecto ELES conta ademais co apoio de entidades publicas e privadas españolas e o asesoramento de expertos nacionais e internacionais sobre envellecemento.

 Os obxectivos específicos do Proxecto ELES son:
. Analizar procesos evolutivos das persoas de 50 e máis anos dende un achegamento multidisciplinar.
. Proporcionar evidencias empíricas acerca das interrelacións entre saúde, biografía familiar, biografía laboral, aspectos emocionais e outros indicadores da vida cotiá.
. Identificar períodos críticos no curso de vida que faciliten o deseño de calendarios de medidas preventivas.
. Analizar tendencias e medir a contribución relativa da multitude de factores que afectan ao proceso de envellecemento.
. Dispoñer dunha ferramenta de uso público para o coñecemento especializado de biomedicina, economía, socioloxía, psicoloxía, demografía e epidemioloxía da vellez e do envellecemento.
. Ofrecer resultados baseados na evidencia científica que faciliten a planificación de políticas sanitarias e sociais a medio e longo prazo.
Que dimensións se consideran no Proxecto
ELES
?
No Proxecto ELES
consideraranse as seguintes dimensións:
. Características sociodemográficas
.
. Saúde Psicosocial.
. Saúde.
. Economía, Emprego e Xubilación.
. Familia, Ámbito e coidado.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará