La salud afectivo-sexual de la juventud en España

23. Xaneiro 2020 Alertas

O último número da Revista de Estudios de Juventud analiza polo miúdo os factores que poden axudar a entender as diferentes traxectorias no desenvolvemento sexual e afectivo da nosa mocidade.


Fuertes, A., González, E. (coords), La salud afectivo-sexual de la juventud en España. Revista de Estudios de Juventud , n. 123, 2019, 260 p.

A afectividade e a sexualidade teñen unha relevancia indubidable na adolescencia e mocidade polas novas necesidades que xorden en ambas as dimensións e impoñen constantes desafíos. Unha comprensión adecuada da vida sexual e afectiva das e dos adolescentes e mozos require asumir que as traxectorias que poden darse neste proceso de exploración son múltiples, como tamén o son os factores que contribúen a explicar eses posibles camiños, tendo que considerar non só as características propias da persoa senón tamén as relativas ao seu contexto sociocultural e interpersoal.

Así mesmo, a comprensión desas diversas traxectorias e a intervención sanitaria, educativa e comunitaria non só deben contemplar os riscos que poden darse (enfermidades de transmisión sexual, embarazos non desexados, comportamentos agresivos, etc.) senón tamén, e de forma especial por ser menos consideradas, as experiencias de benestar e satisfacción afectivo-sexual.

En calquera caso, aínda son moitas as cuestións pendentes de resolver, especialmente en relación coas persoas nalgunha situación de máis complexidade e/ou vulnerabilidade (persoas LGTBI+, con diversidade funcional e/ou intelectual, etc.), polo que se precisa seguir traballando para favorecer mellor a resolución positiva das tarefas que adolescentes e persoas novas han de enfrontar nas súas vidas para lograr un desenvolvemento afectivo-sexual saudable .

http://www.injuve.es/sites/default/files/adjuntos/2020/01/revista_injuve_123.pdf