O verán que queres contar. Acción de Verán, 2022. Campamentos esspecíficos para persoas con discapacidade
Un ano máis, a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza dentro da campaña Acción de Verán 2022, a súa oferta para os seus campamentos específicos para persoas con discapacidade
A Xunta de Galicia ofrece ás persoas con discapacidade a posibilidade de participar en campamentos de verán especificamente deseñados para elas, e que se realizan en varias localizacións da nosa Comunidade Autónoma.
Estes campamentos, que teñen unha duración de 10 días, permiten gozar dunha estadía socializadora e de convivencia nun espazo lúdico, integrador e formativo, e mediante o desenvolvemento de actividades dirixidas ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.
Para iso, cada ano preséntase a campaña de campamentos específicos para persoas con discapacidade, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.
A información está dispoñible neste enlace:
En total ofértanse 200 prazas nas seguintes instalacións:
» Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo (A Coruña)
» Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra)
» Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense)
A oferta de prazas pode consultalas neste enlace: Folleto en galego