Programa Benestar en balnearios, 2019

No DOG nº. 64,  do 2 de abril de 2019, publícase a nova convocatoria para participar no programa de termalismo Benestar en balnearios


A Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza, un ano máis, o programa de termalismo Benestar en Balnearios, na súa edición de 2019. O obxecto é a oferta de prazas para as estadías e os tratamentos termais de cara ao fomento de actitudes positivas para o coidado da saúde e a promoción da autonomía persoal, a promoción de hábitos de vida saudable desde a etapa adulta a través da xestión do autocoidado e o impulso das terapias non farmacolóxicas para promover a autonomía persoal e o favorecemento de relacións sociais.

Toda a información relativa a solicitudes, prazos de presentación etc. pode atoparse nos seguintes documentos:

Folleto informativo:

https://politicasocial.xunta.gal/sites/w_polso/files/arquivos/programas/programa_benestar_en_balnearios_2019_folleto_gal.PDF

Convocatoria no DOG núm. 64, do 02.04.2019:

https://politicasocial.xunta.gal/sites/w_polso/files/arquivos/programas/orde_benestar_balnearios_2019_gal.pdf

Cartel:

https://libraria.xunta.gal/sites/default/files/downloads/publicacion/md_programa_benestar_balnearios_2019_foll_gal.pdf

Solicitude:

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/66674