Plan Proxecta: Educación sexual. Curso 2016/17. Fichas

Xa se pode consultar esta nova bibliográfica que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon á disposición dos docentes encargados da educación sexual da nosa mocidade.


4_Fichas plan proxecta quérote_1 1

Plan Proxecta: Educación sexual. Curso 2016/17. Edita: Santiago de Compostela : Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, 2016. 1ª ed. 54 p. : il. cor ; 30 x 21 cm

Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude. Preténdese que aprendan a se coñeceren, a se aceptaren e a viviren a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito, ao seu pleno desenvolvemento persoal e social.

https://libraria.xunta.gal/gl/plan-proxecta-educacion-sexual-curso-201617