Boletín del Centro de Documentación Hegoa, nº 48, 2016
Invitámoslle a visitar, a través deste enlace, o Centro de Documentación do Instituto Universitario Hegoa (UPV/EHU) e o último número do seu boletín dedicado ás virtualidades da renda básica
http://www.hegoa.ehu.es/es/biblioteca
Boletín del Centro de Documentación Hegoa. Nº 48, 2016. ISSN-e: 2255-369X
Tras ver o concepto da Renda Básica Incondicional e a súa evolución histórica, analízase a súa viabilidade financeira, para abordar, a continuación, a súa relación co avance na xustiza social, a redistribución da riqueza e a liberdade. Posteriormente examínase o Dereito Internacional que, de forma imperativa, recoñece o dereito de toda persoa a un nivel de vida adecuado, para finalizar con algúns ámbitos de interese referidos, concretamente, á incidencia da renda básica nas áreas do traballo, da igualdade de xénero, da democracia e a participación cidadá, da xuventude e da eficiencia da administración.