Cartera de Prestaciones y Servicios del Sistema Vasco de Servicios Sociales

22. Maio 2018 Alertas

Poñemos á vosa disposición a web creada polo Departamento Emprego e de Políticas Sociais do Goberno Vasco para dar a coñecer o Sistema vasco de Servizos Sociais e o seu contido.


Departamento de Empleo y Políticas Sociales, Cartera de Prestaciones y Servicios del Sistema Vasco de Servicios Sociales = Gizarte zerbitzuen Euskal Sistemaren Prestazio eta Zerbitzuen Zorroa. Vitoria-Gasteiz, Eusko Jaurlaritza-Gobierno Vasco, 2018, online

O Departamento de Emprego e Políticas Sociais do Goberno Vasco creou unha web para dar a coñecer o Sistema vasco de Servizos Sociais e o seu contido. A Carteira de servizos ten como finalidade delimitar o dereito subxectivo declarado pola Lei de servizos sociais, ou sexa, delimitar a obrigación das administracións públicas. Para iso define os servizos e prestacións económicas, delimita as poboacións destinatarias, regula o acceso e determina o carácter gratuíto ou suxeito a pagamento. A web divide os servizos e prestacións que se inclúen no Sistema vasco de Servizos Sociais en nove áreas diferenciadas para unha rápida procura de información. En concreto está dividida en Toda a poboación; Dependencia; Exclusión social; Desprotección; Urxencias sociais; Violencia de xénero; Discapacidade; Enfermidade mental; Contorna familiar.

http://www.euskadi.eus/serviciossociales/