Informe Evolución de la familia en Europa, 2018
O Instituto de Política Familiar ( IPF) presentou no Parlamento Europeo o Informe de Evolución da Familia en Europa 2018 coincidindo coa celebración do aniversario do Día Internacional da Familia.
O Día Internacional da Familia que estamos a celebrar está a ser unha magnífica oportunidade para lembrar á sociedade en xeral e aos responsables políticos en particular a necesidade e a urxencia de fortalecer a institución familiar.
As principais conclusións do informe son:
Europa está inmersa nun inverno demográfico sen precedentes e converteuse nun continente vello, cun gran déficit de natalidade agravado polo incremento do número de abortos e con cada vez menos matrimonios e máis rupturas.
Os indicadores de poboación, de natalidade, de matrimonios, de ruptura familiar empeoraron substancialmente en Europa, poñendo en evidencia que os problemas de familia convértense en graves problemas da sociedade.
Os datos do informe son elocuentes e concluíntes: Europa está nun inverno demográfico e xa hoxe é un continente vello -de feito as persoas maiores de 65 anos xa superan en máis de 18 millóns aos mozos menores de 15 anos-.
O problema da natalidade volveuse crítico xa que cada vez nacen menos nenos (1,5 millóns nacementos menos que hai 40 anos) e ademais hai un millón abortos anuais, que o converte -xunto ao cancro- na principal causa de mortalidade en Europa.
Está a producirse unha desfeita dos matrimonios, con cada vez menos matrimonios e máis rupturas- 1 millón de divorcios anuais- e cos fogares baleirándose (7 de cada 10 fogares europeos non teñen ningún neno)”. Europa está a converterse nunha sociedade desestruturada, de individuos sen ningún tipo de interrelación.
Segue sen resolverse a deficitaria conciliación entre a vida laboral e a vida familiar.
Ante este panorama certamente desolador, o informe sinala que é urxente cambiar e reforzar as políticas familiares que veñen desenvolvendo as distintas administracións dos Estados da Unión, de maneira que se baseen na perspectiva de familia, para facilitar o cumprimento correcto das súas funcións. E é que unha política de familia que apunte expresamente ao concernente ao grupo familiar en canto medio afectivo, educativo, económico e social, supón que non se lexisle só en termos de individuos, senón en termos e en función de persoas que viven nunha familia. E unha política de familia limitada exclusivamente ás políticas sectoriais ou a plans integrais para os membros da familia en canto individuos, resulta sempre unha política familiar incompleta e ineficaz.
Coas achegas deste informe, e a súa presentación en Bruxelas, abriuse a porta -e así nolo expresaron algúns eurodeputados e representantes de Ong- a que os temas de familia se debatan, ineludiblemente, dentro do Parlamento Europeo.
Pique aquí para descargar o informe http://ipfe.org/Espa%C3%B1a/Documento/112