Competencias básicas para profesionais que traballan coas persoas maiores

03. Febreiro 2017 Alertas

O consorcio Ellan European Later Lifer Active Network desenvolve un proxecto de programa de aprendizaxe permanente financiado pola Comisión Europea. O proxecto promove a cooperación Europea e o intercambio de innovación e boas prácticas relacionadas co envellecemento da poboación e coa preparación académica daqueles que traballan coas persoas maiores.


Marco Europeo de competencias básicas para profesionales que trabajan con las personas mayores en los servicios sociales y de salud. Kuopio, European Later Life Active Network, 2016, 46 p.

O consorcio levou a cabo a análise das competencias requiridas polos profesionais que traballan coas persoas maiores en Europa. Este proceso levouse a cabo mediante revisións bibliográficas e investigacións cualitativas realizadas tanto entre as persoas maiores como entre os profesionais. Os resultados obtidos nestes estudos de investigación utilizáronse para desenvolver este Marco europeo de competencias clave na atención a persoas maiores nos servizos sociais e de saúde que foi verificado mediante dúas roldas de investigación Delphi entre un grupo de 21 expertos e un grupo de 21 investigadores de diferentes países de toda Europa.

http://ellan.savonia.fi/images/Spain__ECCF.pdf